A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Nélida Piñon Cuiñas, membro de honra da institución. A escritora, unha das grandes figuras das letras brasileiras contemporáneas, naceu en Rio de Janeiro, Brasil, o 3 de maio de 1937, filla de pais galegos procedentes de Cotobade (Pontevedra). Nélida Piñon foi ademais unha figura da acción cívica brasileira e sempre reivindicou, de forma pública e reiterada, a súa orixe galega como constituínte da súa identidade persoal, expresiva e intercultural.
Nélida Piñon na Real Academia Galega coa medalla de académica o pasado mes de setembro, no ingreso de María Rosa Lojo como membro de honra da institución.
Fonte: Arquivo RAG
Nélida Piñon no acto de ingreso na RAG como membro de honra (2014), acompañada de Fina Casalderrey e Pegerto Saavedra.
Fonte: Arquivo RAG
Nélida Piñon cos membros da RAG no ingreso de M.ª Rosa Lojo o pasado mes de setembro.
Fonte: RAG
A escritora na súa casa de Brasil do diploma de académica de honra da RAG.
Fonte: Arquivo RAG
A escritora xunto a outros membros da RAG durante a sesión de ingreso na RAG de María Rosa Lojo como membro de número, a última visita á Academia que realizou, o pasado mes de setembro.
Fonte: Arquivo RAG
Nélida Piñon con Xesús Alonso Montero na súa última visita á RAG.
Fonte: Arquivo RAG
Nélida Piñon coa académica Marilar Aleixandre no faro de Touriñán este outono.
Autora: Karla Silva
Licenciada en Xornalismo, formouse na Facultade de Filosofia da Pontificia Universidade Católica do Rio de Janeiro. A súa obra literaria foi recoñecida con innúmeros premios, galardóns e distincións en países latinoamericanos así como en Galicia, España, Francia ou Portugal.
A xenerosidade intelectual e afectiva con Galicia de Nelida Piñon é unha constante na súa biografía, en palabras do académico Ramón Villares na resposta ao seu discurso de ingreso na RAG, titulado A épica do coração. "A família regalou-me a majestade da língua portuguesa, a ciência de eu pertencer ao novo continente. E transmitiu-me igualmente a noção de constituir um privilégio originar-me de uma Galícia cuja herança autorizavam-me reivindicar", conta a escritora neste texto.
A noticia do pasamento de Nélida Piñon ponlle un triste peche á xornada na que a Real Academia Galega celebrou o ingreso como membro de número de María Dolores Sánchez Palomino e o nomeamento como académica de honra de Kathleen March.