A RAG e a Deputación da Coruña renovan o seu convenio de colaboración

A Real Academia Galega e a Deputación da Coruña renovaron o convenio de colaboración que manteñen ambas as institucións. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o presidente da entidade provincial, Valentín Formoso, asinaron o acordo nun acto no que tamén participou a deputada de Cultura, Natividad González.

A achega económica da Deputación da Coruña á RAG destínase, entre outras iniciativas, aos Cursos de verán de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras". A Academia tamén desenvolve co apoio da Deputación o proxecto web para o público infantil Primavera das Letras.