O académico ganduxa recordos sobre o protagonista do Día das Letras Galegas 2023 de amizades e persoas do mundo da cultura e salienta a súa inxente produción literaria. “Unha boa parte asinouna como Salvador Lorenzana (el era de Lourenzá) ou só poñía S.L. ou simplemente nada: publicaba como anónimo. Era a maneira de actuar dos homes de Galaxia. E curiosamente todos o coñecemos como Don Paco, no que o Don de respecto combina de maneira insólita co informal Paco”, comparte Xesús Ferro.
Xesús Ferro recupera na revista 'Irimia' testemuños de homenaxe a Del Riego
Xesús Ferro recupera no último número da revista Irimia parte das palabras que se lle dedicaron a Francisco Fernández del Riego no libro co que o intelectual foi agasallado hai vinte anos co gallo da homenaxe da que foi protagonista no teatro García Barbón de Vigo."Fixerámo-lo retrato del con palabras nosas e con ilustracións de Antón Pulido", recorda o académico. O texto pode lerse nesta ligazón.