Xosé Mª Díaz Castro: o poeta ferido pola beleza e a luz.
Nimbos, o seu único poemario publicado en vida, é de tal transcendencia pola súa escrita profunda, sentida e humana que o fai singularmente esencial na historia da nosa literatura. Son trinta e dous poemas nos que canta, con mística e lírica voz, á beleza, ao resplandor das cousas e dos seres máis humildes, desde unha percepción universalista, sempre ferida, dun mundo inmenso que el acugula no seu corazón desbordado na Galicia vivificadora que sempre defendeu.
O estilo modélico e orixinal da súa obra está ben reflictido en como a orixinalísima forza creadora dos trinta e dous poemas de Nimbos, estámolo comprobando neste ano 2014, devén en pegada infinda e perdurable, pasados xa, máis de cincuenta anos dende a súa publicación. Aí radica, na miña opinión, a vixencia plena da escrita de Díaz Castro na literatura poética galega.