Sylvia Plath e Álvaro Cunqueiro
O texto está tirado do libro Flor de diversos, escolma de poemas traducidos (Galaxia, 1991), unha antoloxía de traducións do autor mindoniense editada por Xesús González Gómez, quen no seu limiar sostén: "A Álvaro Cunqueiro gustábanlle as versións literais, que mantivesen o dicir orixinal do poeta, e o seu son espiritual, e a imaxe".
VERBAS
Brosas
ven do bosque o soar dos golpes
e os ecos!
Ecos lanzados
dende o centro coma cabalos!
A seiva
burbulla coma bágoas, coma
auga que loita
por restaurar o espello
sobre a roca.
que xira e tira
un cráneo branco,
devorado polas augas verdes.
Anos pasados,
olleinas polos camiños:
verbas secas e sen xinete
infatigables xordos cascos.
Namentras
no fondo do estanque, estrelas inmóbiles
rexen unha vida.