Unha sesión de inmersión na tradición musical coa voz de Uxía

A música tradicional galega está moi viva. A transmisión xeracional, sobre todo a través das mulleres, fíxoa chegar ata os nosos días, e en pleno século XX distintas escolas seguen aprendéndolles con éxito ás novas xeración a percusión e o canto tradicionais, entre outros instrumentos como a gaita ou o violín. Estas son algunhas das claves que Uxía lles achegou hoxe nunha charla-concerto aos alumnos e alumnas dos Cursos Galego sen fronteiras, quen se animaron a acompañala coas súas voces en distintas pezas ou a aprender pautas básicas para tocar a pandeireta.

Uxía ofreceu a charla-concerto acompañada de Sérgio Tannus. Autor: RAG


Uxía, acompañada por Sérgio Tannus, ofreceu un repaso polos aspectos máis destacados da tradición musical galega, desde as cantigas galaico-portuguesas ata á actualidade, interpretou distintas cancións populares e explicou algúns dos ritmos máis habituais da música e do baile de noso, como os da xota, a muiñeira ou o maneo, este último empregado para lles dar unha pequena explicación de como se toca a pandeireta galega.

A mestura da música galega coa doutros lugares, en especial coa dos países lusófonos, foi outro dos temas abordados e postos e escena co acompañamento do alumnado.


Explicando o movemento básico da pandeireta

 


O alumnado converte os cadernos en pandeiretas para practicar o maneo