Un poema de Luísa Villalta

A escritora e violinista coruñesa Luísa Villalta (1957-2004) cultivou o teatro, a narrativa e o ensaio, pero é recoñecida, sobre todo, pola súa produción poética.
Luísa Villalta
Luísa Villalta


Na composición que reproducimos máis abaixo pódense detectar algún dos trazos máis frecuentes da súa poesía: o xogo conceptual, o ton intimista e o recurso á imaxe.

O ceu cobrou unha cor que facia pensar.
Era a hora en que as botellas se rompen para dar paso ás
profundidades.
Atrás quedaban as cores álxidas, mortas de sono. O calor
enfriaba-se no bisturí do horioznte.
Os nenos, de cóbados na xanela, enfrontaban a história
inconscientes, nun palpebrexo tan veloz como a infancia.
Pero aínda hai un cambio posíbel que se reserva no
bolso, un remanente da derrota, para mirar arredor.
Non nos estábamos esperando, por iso nos recoñecemos.
Fitabamo-nos na cita imprevista, sen saber quen nos
chamou ao fio da noite.

Ruído (Espiral Maior, 1995).