'Tiven medo de bogar', de María Mariño

En 1963, a editorial luguesa Celta inauguraba a súa colección "Tesos cumes" cun libro prologado por Otero Pedrayo que resultaría clave na renovación da linguaxe poética galega: Palabra no tempo.
Noia, vila natal de María Mariño
Noia, vila natal de María Mariño


Na peza que transcribimos máis abaixo, a poeta María Mariño (Noia, 1907; Parada do Courel, 1967) pódense apreciar algúns dos trazos de estilo que a crítica salientou na súa obra: a sinxeleza formal de inspiración popular no estilo e a temática existencial.

Tiven medo de bogar,
tiven medo d'auga crara.
Anque fora cuns bos remos
anque fora na mar calma,
non bogaba! non bogaba!

O medo xa non sei dél.
Xa secou aquel mar longo!
E sin saber donde veu,
si é doutro ou é meu,
navego nun mar de fondo.