Simposio María Victoria Moreno

Marila Aleixandre, Víctor F. Freixanes, Fina Casalderrey e Blanca Ana Roig na inauguración do Simposio María Victoria Moreno.

Fonte: RAG

A investigadora da USC Blanca Ana Roig imparte a conferencia inaugural.

Fonte: RAG

Fonte: RAG

Fonte: RAG

Antonio García Teijeiro analizou a poesía infantil de María Victoria Moreno.

Fonte: RAG

Mercedes Queixas Zas repasou a obra de María Victoria Moreno desde a perspectiva de xénero.

Fonte: RAG

Isabel Soto profundou nalgunhas claves do discurso literario da escritora.

Fonte: RAG

Andrés Torres Queiruga abordou a transcendencia do diario da enfermidade de María Victoria Moreno na mesa moderada polo académico correspondente Xoán Babarro e compartida con Mercedes Queixas e Isabel Soto.

Fonte: RAG

Antonio García Teijeiro e Xesús Rábade Paredes.

Fonte: RAG

Xesús Rábade Paredes afondou no poemario de María Victoria Moreno editado postumamente e conduciu o recital poético que pechou a primeira xornada do simposio.

Fonte: RAG

Antonio García Teijeiro recitando versos de María Victoria Moreno para o público infantil.

Fonte: RAG

Mercedes Queixas Zas recitando versos de María Victoria Moreno.

Fonte: RAG

Xoán Babarro recita versos de María Victoria Moreno.

Fonte: RAG

Ana María Fernández recitando versos de María Victoria Moreno.

Fonte: RAG

Darío Xohán Cabana no recital de homenaxe a María Victoria Moreno.

Fonte: RAG

Fonte: RAG

Xavier Senín Fernández e Fina Casalderrey abriron a segunda xornada do Simposio María Victoria Moreno. O tradutor relacionou o activismo cultural co compromiso ético persoal da autora e a académica centrouse no seu labor docente.

Fonte: RAG

Pola esquerda, Pedro Ferriol, viúvo de María Victoria Moreno, Xesús Alonso Montero e a académica Rosario Álvarez, que confesou desde o público que a escritora foi a mellor docente que tivo.

Fonte: RAG

Montse Pena Presas e Xavier Senín conversan con docentes asistentes ao Simposio María Victoria Moreno.

Fonte: RAG

Manuel Bragado Rodríguez detívose na crónica de María Victoria Moreno como enferma de cancro, o seu ensaio máis destacado.

Fonte: RAG

Isabel Mociño indagou no labor multifacético dunha autora cuxo traballo como escritora, docente, editora ou tradutora foi esencial para o despegar da literatura infantil e xuvenil galega.

Fonte: RAG

Fonte: RAG

Montse Pena Presas centrou a súa intervención nos dous libros de texto de literatura galega dos que María Victoria Moreno foi coautora.

Fonte: RAG

O académico Xesús Alonso Montero, amigo persoal de María Victoria Moreno desde pouco despois da súa chegada a Galicia, impartiu a conferencia de clausura

Fonte: RAG

Pedro Ferriol, viúvo de María Victoria Moreno, intervén na clausura do Simposio María Victoria Moreno.

Fonte: RAG