O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, salientou a honra que supón para o concello que Xela Arias sexa recoñecida "como unha das grandes autoras" galegas e o investigador Xaime Félix López Arias repasou a historia da rúa que levará o seu nome. Este espazo, con 160 anos de historia, levaba dende 1957 o nome de José Antonio. "Quitarlle o nome dun fascista e darlle o nome de Xela Arias é un dos actos polo que calquera sarriao de ben estaría disposto a meterse en política", expresou e rexedor.
Darío Gil Arias, fillo da homenaxeada, manifestou tamén a alegría que supón para a familia que unha rúa de Sarria lembre a Xela Arias e que saia do rueiro local o do fundador da Falanxe.