Xoán Xosé Mariño e Manuel González durante a presentación do libro
O encargado de presentar o acto, celebrado o 4 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, foi Xoán Xosé Mariño, comisario do Ano Añón e coordinador do Congreso do Bicentenario Francisco Añón, impulsado polo Concello de Outes. A continuación, tomou a palabra o membro de número da Academia Manuel González González, que expresou o seu agradecemento por esta iniciativa ao Concello de Outes pois, deste xeito, "axudará a situar a figura de Añón no lugar que merece no canon da literatura galega". Durante a súa intervención, o membro da executiva da Academia salientou, tamén, o carácter "progresista" do poeta outés, "amigo persoal de Antolín Faraldo e comprometido co ideario revolucionario do provincialismo, como podemos ver no seu poema A Galicia.
Esta reedición facsimilar do libro Poesías Galegas, de Francisco Añón Paz, editado polo Concello de Outes coa colaboración da Real Academia Galega e da Deputación da Coruña, presenta como novidade dous prólogos; un a cargo de Carlos L. Crespo, alcalde de Outes, e outro do presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, que reproducimos aquí.