Paz Andrade co Estatuto

O 4 de decembro de 1977, Valentín Paz Andrade participaba en Vigo na multitudinaria manifestación a prol dun Estatuto de Autonomía para Galicia.
Paz Andrade dirixíndose ao público o 4 de decembro do 77
Paz Andrade toma a palabra na manifestación en defensa do Estatuto celebrada en Vigo o 4 de decembro de 1977


Nesta carta de Valentín Paz Andrade a Xosé Núñez Búa, con data do 6 de decembro de 1977, o protagonista do Día das Letras 2012 exprésalle ao seu amigo a emoción que sentira ante aquel grande "exemplo de civismo e de afervoamento galeguista". Paz Andrade, daquela senador por Galicia nas Cortes, xogara un papel principal durante a Transición en defensa dos intereses galegos, formando parte da Xunta Democrática e da chamada Comisión dos Dez.

O 4 de decembro de 1977, o polígrafo pontevedrés tomou a palabra en Vigo para se dirixir a aquela multitude que se manifestaba en defensa dun estatuto para Galicia nas mesmas condicións que o catalán e o vasco. Para Paz Andrade, aquela xornada foi "como si o pobo despertara a unha nova alborada civil".

A imaxe e a carta están tirados do libro de Charo Portela, Valentín Paz-Andrade: escritor, xornalista e poeta, avogado, político e empresario, Galicia como tarefa. Vigo: Ir Indo, 1998