Pardo Bazán retratada por Joaquín Vaamonde
A relación entre Joaquín Vaamonde Cornide (A Coruña, 1872-1900) e Emilia Pardo Bazán dera comezo cando o pintor se presenta, con vinte dous anos, no pazo de Meirás para ofrecerlle á condesa os seus servizos como retratista. Despois de certa desconfianza inicial, Pardo Bazán acepta o envite e queda tan satisfeita co seu resultado, que acolle de inmediato ao mozo pintor baixo o seu mecenado, e o introduce no seu círculo da alta sociedade madrileña. Despois de acadar un éxito rotundo en Madrid como retratista, Vaamonde Cornide viaxa por París e Londres e regresa finalmente á Coruña en 1890, onde morre vítima da tuberculose.
No cadro adquirido pola Academia, e que probablemente date de mediados da década dos noventa, vemos á escritora Emilia Pardo Bazán dando lectura a unha conferencia desde un púlpito que a eleva sobre as cabezas do público, desempeñando un rol, o de intelectual recoñecido, que daquela lle estaba vedado ás mulleres.
Na súa novela La quimera de 1905, Emilia Pardo Bazán réndelle unha homenaxe póstuma ao seu amigo Joaquín Vaamonde, quen aparece nela encarnado no personaxe de Silvio Lago.