Os 50 Días das Letras na Televisión de Galicia

Entre os pasados 17 de maio e 25 xullo, a televisión pública de Galicia emitiu diariamente un microespazo documental dedicado aos protagonistas do Día das Letras Galegas, ata completar un total de 50.
Imaxe da portada do programa Galicia letra a letra.
Imaxe de portada do programa emitido pola TVG


Galicia letra a letra foi o título escollido pola TVG para este proxecto no que cincuenta membros da Real Academia Galega, ben de número, ben correspondentes, disertaron durante un minuto sobre unha figura homenaxeada no Día das Letras Galegas ao longo da súa historia.

O programa, realizado en virtude dun convenio asinado coa Real Academia Galega, tivo como obxectivo contribuír a espallar o coñecemento da nosa cultura e a defensa da nosa lingua, e foi completado coa emisión dun documental o 25 de xullo titulado Letras de Galicia.

A continuación ofrecemos a relación dos vídeos emitidos ao longo destes cincuenta capítulos, a figura homenaxeada en cada cada un deles e o académico encargado da súa glosa:

- Rosalía de Castro, por Luz Pozo Garza.
- Castelao, por Xosé Neira Vilas.
- Eduardo Pondal, por Méndez Ferrín.
- Francisco Añón, por Ana Isabel Boullón Agrelo.
- Manuel Curros Enríquez, por Xesús Alonso Montero.
- Florentino López Cuevillas, por Carlos García Martínez.
- Antonio Noriega Varela, por Xosé Henrique Monteagudo Romero.
- Marcial Valladares, por Antón Santamarina Delgado.
- Gonzalo López Abente, por Xosé María Lema Suárez.
- Valentín Lamas Carvajal, por Víctor Fernández Freixanes.
- Manuel Lago González, por Andrés Torres Queiruga.
- Xoán Vicente Viqueira, por Francisco Cerviño.
- Xoán Manuel Pintos, por Xosé Henrique Costas.
- Ramón Cabanillas, por Francisco Fernández Rei.
- Antón Villar Ponte, por Margarita Ledo Andión.
- Antonio López Ferreiro, por Pegerto Saavedra Fernández.
- Manuel Antonio, por Xosé Luís Axeitos Agrelo.
- Alfonso X, por David Mackenzie.
- Vicente Risco, por John Rutherford.
- Luís Amado Carballo, por Xoán Babarro Fernández.
- Manuel Leiras Pulpeiro, por Xosé Luís Regueira Fernández.
- Armando Cotarelo Valledor, por Euloxio Rodríguez Ruibal.
- Antón Losada Diéguez, por Manuel Caamaño Suárez.
- Aquilino Iglesia Alvariño, por Gonzalo Navaza.
- Francisca Herrera Garrido, por Andrés Fernández Albalat.
- Ramón Otero Pedrayo, por Ramón Villares Paz.
- Celso Emilio Ferreiro, por Alba Nogueira López.
- Luís Pimentel, por Olivia Rodríguez González.
- Álvaro Cunqueiro, por Manuel Rivas Barrós.
- Fermín Bouza Brey, por Fernando Acuña Castroviejo.
- Eduardo Blanco Amor, por Craig Patterson.
- Luís Seoane, por Xosé Fernández Ferreiro.
- Rafael Dieste, por Salvador García-Bodaño.
- Xesús Ferro Couselo, por Francisco Cidrás Escáneo.
- Ánxel Fole, por Luís Manuel García Mañá.
- Trobadores da Ría de Vigo, por Manuel Lorenzo.
- Roberto Blanco Torres, por Fernando López-Acuña.
- Manuel Murguía, por Xosé Ramón Fernández Barreiro.
- Eladio Rodríguez, por Manuel González González.
- Frei Martín Sarmiento, por Héctor M. Silveiro Fernández.
- Antón Avilés de Taramancos, por Dolores Sánchez Palomino.
- Xaquín Lorenzo, por X. Manuel González Reboredo.
- Lorenzo Varela, por Fausto Galdo Fernández.
- Manuel Lugrís Freire, por Xesús Ferro Ruibal.
- María Mariño, por Rosario Álvarez Blanco.
- Xosé María Álvarez Blázquez, por Darío Xohán Cabana Yanes.
- Ramón Piñeiro, por Francisco Díaz-Fierros.
- Uxío Novoneyra, por Augusto P. Alberti.
- Lois Pereiro, por Xulio Ríos.
- Valentín Paz Andrade, por Bernardino Graña Villar.