Natividad González, deputada de Cultura, e Soledad Agra, responsable de Lingua, interesáronse pola marcha de proxectos da Real Academia Galega, especialmente daqueles que contan co apoio económico da Deputación da Coruña, entre os que destacan Primavera das Letras, dirixido ao público infantil; e os Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”, que se están a desenvolver no mes de xullo coa participación de sesenta estudantes procedentes dunha vintena de países de Europa, Asia e América.
As deputadas percorreron ademais as instalacións da RAG no polígono de Pocomaco, onde a institución permanece mentres continúan as obras de rehabilitación integral da súa sede histórica na rúa Tabernas da Coruña.