Portada de O Vello do Pico-Sagro
Con esta iniciativa, a Academia pretende avanzar un paso máis no seu compromiso de modernización e servizo á sociedade galega actual, ofrecendo ounha HemerotecaVirtual que, cun total de máis de sete mil páxinas publicadas polo de agora, achega un fondo documental de acceso gratuíto e directo, que constitúe unha ferramenta fundamental para o estudo da conformación nosa cultura e historia contemporáneas.
A relación de novas publicacións incorporadas é a seguinte:
O Vello do Pico-Sagro (A Coruña, 1860). Primeira publicación periódica escrita integramente en galego, editada polos irmáns Antonio e Francisco Mª de la Iglesia.
GALICIA diplomática Revista semanal de archivos y bibliotecas, historia, arqueología, heráldica, literatura, ciencias y artes. (Santiago de Compostela, 1882-1893). Primeira publicación galega dedicada en exclusiva a temas históricos e ás ciencias auxiliares da Historia (Diplomática, Arqueoloxía, Heráldica...). Fundada e dirixida polo arquiveiro Bernardo Barreiro de Vázquez Varela.
DIARIO de la Coruña (A Coruña, 1857). Noticias de actualidade locais, galegas e internacionais.
ANUARIO ferrolano (Ferrol, 1900-1904). Trata temas relacionados con Ferrol e a súa bisbarra (historia, economía, xeografía, etc.). Dirixida por Nicolás Fort Roldán.
ALMANAQUE de Ferrol (Ferrol, 1904-1910). Continuación do anterior e cunha temática semellante. Dirixido por Leandro Saralegui Medina.
GALICIA : revista quincenal ilustrada (Madrid, 1906-1909). Importante publicación editada en Madrid de temática galega (política, literatura, economía, etc.). Fundada e dirixida por Augusto C. de Santiago, e na súa última época por Basilio Álvarez.