Novas miradas á vida e obra dunha "peza fundamental" da cultura galega

Primeiros anos 70. Tras pechar a súa libraría, non é estraño que Xosé Mª Álvarez Blázquez continúe na taberna do Camilo ou do Armando a tertulia cun grupo de rapaces de 18 ou 20 anos. Acoden onda el, xa á beira dos 60, atraídos pola conversa sobre temas culturais, pero tamén políticos. O nexo entre uns e outros é Darío Xohán Cabana, o seu axudante en Edicións Castrelos. Catro décadas despois, Cabana lembrou emocionado o Álvarez Blázquez "mestre de mocidade" na xornada de honra organizada pola Academia no centenario do seu nacemento. Nela, o seu fillo Pepe Cáccamo afondou no Xosé Mª poeta de Canle segredo e a investigadora Ana Acuña descubriu proxectos que deixou pendentes quen é "unha peza fundamental da cultura galega", salientou o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero.

Pola esquerda, Darío Xohán Cabana, Ana Acuña, Pepe Cáccamo, Margarita Ledo, Enrique Cabaleiro, Xesús Alonso Montero, Berta Cáccamo, Alfonso Álvarez Gándara e María José González, na apertura da xornada. Foto: RAG


Tui, a vila natal de Álvarez Blázquez, acolleu este martes día 15 o acto, organizado en colaboración co Concello. O seu alcalde, Enrique Cabaleiro, acompañado pola concelleira de Cultura, María José González, pediu na apertura da xornada desculpas á familia por que Tui non asumise no pasado a custodia da biblioteca do homenaxeado, hoxe depositada no Museo do Pobo Galego. O presidente da Academia subliñou, pola súa banda, a importancia da figura de Álvarez Blázquez. "Era un auténtico polígrafo. Admireino, admíroo moito e quíxeno tamén moito (…). É unha das pezas fundamentais da cultura galega", engadiu Xesús Alonso Montero, que quixo recordar a "estirpe" á que pertenceu o intelectual, fillo do médico Darío Álvarez Limeses, asasinado no 36.

A mesa redonda, moderada pola académica Margarita Ledo, abriuna a investigadora da Universidade de Vigo Ana Acuña, quen definiu a Álvarez Blázquez como "un traballador da resistencia cultural". "Foi quen de desenvolver rexistros para que a cultura galega non esmorecese, mesmo en épocas de férrea censura ao editar memorias e identidades alleas necesarias, como as de Amado Carballo ou Bóveda", valorou.

Acuña afondou nas súas facetas de narrador, ensaísta, difusor cultural e editor e, nesta última, referiuse aos resultados dunha cala nos seus "Como editor, tiña en mente publicar un 'Cancioneiriño galego-castelán de Burlas', entre outras proxectos que deixou pendentes", indicou Acuñapapeis doados á Fundación Penzol, entre os que achou un proxecto de Cancioneiriño galego-castelán de Burlas, outro dun libro de conxuros e mesmo un calendario popular que non chegou a realizar. A autora do Dicionario Xosé María Álvarez Blázquez suxeriu ademais aspectos da vida e obra do autor pendentes, ao seu xuízo, de estudo e recoñecemento, apostando pola análise e difusión do seu epistolario, a creación dun roteiro literario en Tui baseado na súa obra ou a recolección dos colofóns dos seus libros.

Pepe Cáccamo, fillo do homenaxeado e escritor, mergullouse en Canle segredo, poemario creado entre 1951 e 154, pero que non saíu á luz ata 1976. "A distancia de máis de dúas décadas impediu a resposta dunha recepción natural, coetánea coa voz do autor no momento en que debería terse expresado. Acaso aquel dilatado proceso de hibernación condicionou a recepción crítica posterior", indicou.

Pero que acontecería de terse publicado Canle segredo nos anos 50? Álvarez Cáccamo considerou que non tería intervido na mudanza cara á poesía do prosaísmo crítico e o"Talvez 'Canle segredo' tería aberto o rumbo cara á ruta da naturalidade conversacional de terse publicado no seu tempo", suxeriu Pepe Cáccamo realismo social, malia a presenza dun rexistro de alcance social en parte dos poemas. "Os acentos dominantes no libro son o da confidencia transparente e o da evocación nostálxica. Outras terían sido, pois, e non as do realismo social, as rutas que podería ter sinalado Canle segredo a xeito de proposta para o cambio de rumbo, talvez o da naturalidade conversacional e a intensidade emotiva que se manifesta tamén en O sono sulagado de Celso Emilio Ferreiro, perspectiva intimista que permanece activa en Longa noite de pedra a carón da voz civil e de denuncia", engadiu.

O poeta e académico Darío Xohán Cabana achegou unha mirada máis persoal rememorando a súa relación con Álvarez Blázquez cando sendo aínda un mozo colaborou con el en Edicións Castrelos, responsable da popular Colección O Moucho, que encheu o país de libros en galego nos anos 70. Nos primeiros anos desa década, Cabana foi o nexo entre o polígrafo e mozos, xeralmente da UPG ou próximos, que se achegaban á súa libraría-editorial para participaren en faladoiros que ás veces proseguían nalgunha taberna próxima. "A nós, mozos e mozas de 18 ou 20 anos que empezabamos a ser nacionalistas e de esquerdas, unha das cousas que nos facía máis falta era a conexión co pasado republicano (…). A nosa sede de información era patética, cos ollos de hoxe unha cousa ben triste: eramos coma orfos", expresou.

Naquelas tertulias os temas eran case sempre culturais, en xeral de literatura e historia. Pero a miúdo a conversa derivaba á política: "Era"As cousas que contaba fascinábannos, entre outras cousas, porque sabiamos quen era: fillo dun mártir da República e amigo e parente de Bóveda", lembrou Cabana" un home prudente, pero tampouco se excedía na prudencia. Cando lle parecía que podía confiarse, falaba con bastante confianza, e entón contaba cousas que a nós nos fascinaban. Fascinábannos entre outras cousas porque sabiamos quen era: fillo dun fusilado, o fillo dun mártir da República. E un amigo e parente de Alexandre Bóveda, o seu curmán político".

Visiblemente emocionado, Cabana iniciou a súa quenda con palabras especiais de recordo para María Luísa Cáccamo Frieben, viúva de Álvarez Blázquez, e o seu sobriño Darío Álvarez Gándara, recentemente falecidos.