Xosé Ramón Barreiro Fernández
Na súa extensa e documentada biografía, Xosé Ramón Barreiro vai deitando luz sobre cada un dos chanzos da extensa peripecia vital de Manuel Murguía (1833-1923), desde os seus antepasados familiares, ata a súa constante e incansable militancia na reconstrución de Galicia practicada en todos dos campos -o historiográfico, o cultural, o político- prestando atención especial ao matrimonion que formou coa fundadora da literatura galega moderna, Rosalía de Castro.
O xurado da sección de investigación, composto por Patricia Fra López, Eulalia Agrelo Costas, Xosé Luís Axeitos, Francisco Campos Freire, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, María Pilar García Negro e María López Sández que actuou como secretaría, salientou tamén o rigor metodolóxico, e a dimensión narrativa que fan deste libro unha achega decisiva á cultura galega, aos estudos rosaliáns e á reconstrución dun período e unha figura esenciais para comprender a historia e a cultura galegas de hoxe.