María Mariño
Encéndeseme o peito, brua en alma soia
-verba que comeza-.
Ti que sabes de onde viñen
ti que sabes ben quen son,
ti que ves por onde ando.
Ouh, raxa o tempo ca tua hora, raxa as cousas!
Ti xa morta, viva ou non sei, ti…
Pro, quén eres ti?
Si non peneiras o farelo, si non dás
formento á msa,
si non coce xa o teu forno,
que pan sacará o teu grau ben mundo?
Ti, oxe miña, -sóio hoxe, mañán xa
non,
mañán serás nebra nubra como outra.
Hoxe dime,
dime das cousas, dime si o meu de ti alento
é alento ou bruma,
dime si respiro ou afogo,
dime daquela hora miña –día noso-.
Ouh natureza pequeniña e longa, hoxe
téñote na man, cinguidiña os meus dedos de
terra,
puño xusto da miña forza,
sóio latido.
Verba que comeza. Concello de Noia. Noia: 1990.