Literatura galega traducida ao sueco no século XIX

A chistera de Murguía, as traducións de Göran Bjorkman e o semanario 'A Monteira' encóntranse entre os novos comentarios destacados.
Tarxeta de visita do académico correspondente Göran Bjorkman
Tarxeta de visita do académico corresonpondente Göran Björkman


A palabra anguria, tan difundida desde os anos vinte do século XX, non aparece na nosa literatura ata 1909, nun conto de Lugrís Freire, segundo indica o Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Cal sería a orixe real dun termo que, axudado inicialmente polo diferencialismo das Irmandades da Fala, chegou a suplantar case completamente o cultismo angustia.

Entre as primeiras pezas literarias galegas traducidas a unha lingua non romance, temos as publicadas en 1896 polo profesor da Universidade de Upsala, Göran Björkman. Trátase dunha colectánea de poetas ibéricos titulada Genljud Fran Hesperien (Ecos das Hespérides), editada pola Academia Sueca en 1896 e dedicada "Al excmo. Sr. Don Pedro del Prat, Marqués de Prat de Mantouillet".

A carta partida era un documento que constaba de dúas partes, unha a continuación doutra, nas que se reproducía un único texto. As partes separábanse cun corte en zigzag e, en cada unha, escribíanse, de maneira alterna, as letras A, B, C, etc. Deste xeito, para certificar a súa autenticidade, abondaba comprobar se, ao xuntar unha parte coa outra, casaban o corte e a orde das letras.

Entre os diversos periódicos escritos en galego que saíron do prelo durante as dúas últimas décadas do século XIX inspirados no exemplo d'O Tio Marcos d'A Portela, o lucense A Monteira salienta polo seu inequívoco compromiso coa lingua do país e polo seu apoio expreso á ideoloxía rexionalista.

Murguía, alma máter da Real Academia Galega. Logo de prescindir de incompletas introducións biográficas, neste comentario preténdese salientar o valor simbólico dun obxecto persoal do primeiro presidente da corporación que custodia a Colección RAG: unha das súas chisteras.