No seu discurso de recepción, Fernando Martínez Morás, que ocupaba a cadeira que pertencera a Eladio Oviedo y Arce, analiza unha casuística reducida da toponimia galega -entre elas, o célebre caso de Niñodaguia- propoñendo varias teses explicativas da súa orixe; o nome do propietario do lugar ou as súas características xeográficas, e da súa lingua de procedencia; celta, latina ou xermánica, así como as deturpacións producidas pola interferencia do castelán.
En nome da Academia respondeu o que daquela era o seu presidente, Eladio Rodríguez González, quen na súa alocución salientou os méritos como xornalista, historiador e pedagogo do novo académico.
O discurso de Martínez Morás pódese descargar aquí.