Nélida Piñón
O acto, que tivo lugar na Academia, contou coa asistencia, entre outros, do seu presidente, Xesús Alonso Montero; do secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Jesús Oitavén; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; do presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, Xosé Antonio García Caridad; do conselleiro do Consello Consultivo de Galicia, Gonzalo de la Huerga; da vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Mª. Do Carme Silva Domínguez; da vicedecana da Facultade de Filoloxía e Tradución da Univesidade de Vigo, María Teresa Bermúdez Montes; da profesora do Departamento de Galego-Portugués da UDC, Leticia Eirín García; da vicerreitora de estudantes, deportes e Cultura da Unversidade da Coruña, M.ª Xosé Martínez López; do alcalde de Cotobade, Jorge Cubela; do presidente do Pen Clube, Luís González Tosar; do presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez e do escritor Francisco Xosé Fernández Naval.
O discurso fúnebre de Pericles e os relatos do avó Daniel ao pé da lareira ostentan unha xerarquía semellante no altar literario de Nélida Piñon, quen atopou na experiencia da emigración, coñecida en segunda persoa a partir do relato dos seus pais, emigrantes galegos no Brasil de primeiros de século, un tema preferente na súa escrita, que había cristalizar en 1984 coa publicación d´A República dos Soños.
A nova académica literaria centrou boa parte do seu discurso de ingreso, titulado A épica do corazâo, na descrición do seu proceso de descuberta e coñecemento de Galicia e, nomeadamente, do concello natal dos seus pais, Cotobade (Pontevedra). O contacto con esta realidade e as súas xentes dotouna dun novo horizonte literario: "obrigando-me moralmente a lhes atribuir uma vida romancesca com o propósito de resgatá-los da obscuridade em que viveram".
No seu discurso de resposta, o membro de número da Academia, Ramón Villares, logo de definir a Nélida Piñon como unha escritora "transcontinental" que soubo trenzar na súa escrita as dúas beiras do Atlántico, describiu A República dos Soños como unha epopea migratoria que contribuiu a resituar a importancia da emigración na conformación da identidade brasileira.
O discurso de Nélida Piñón pódese descargar aquí.
Para acceder a unha galería de imaxes deste acto, podes consultar aquí.