
Monumento de Asorey a Curros nos Xardíns de Méndez Núñez
Segundo recolle nas súas detalladas crónicas do 11 e 12 de agosto de 1934 o xornal La Voz de Galicia, a inauguración do monumento a Curros constituíu un acto de grande importancia social e política que mesmo contou coa presenza do daquela presidente a II República, Niceto Alcalá Zamora, quen lle dedicou un extenso discurso ao poeta de Celanova que se pode consultar aquí.
Con motivo desta conmemoración, a Academia, presidida entón por Lugrís Freire, publicou un folleto no que explicaba os diversos motivos que foran demorando a construción deste monumento a Curros, concibido xa desde a data do seu falecemento en 1908, e agradece tamén o apoio económico recibido das comunidades de emigrantes galegos en Bos Aires e na Habana.
Esta monografía, publicada en 1934, pódese descargar aquí.