Hai unha illa loubada, de Álvaro Cunqueiro

Nesta peza, tirada do poemario Cantiga nova que se chama riveira, o autor mindoniense actualiza a tópica amorosa da lírica medieval galego-portuguesa con recursos propios da Vangarda.
Illa de Toralla, en Vigo
Illa de Toralla, en Vigo. (Arquivo RAG)


Inserido no movemento neotrobadoresco no ano da súa publicación, en 1933, o poema de Álvaro Cunqueiro que reproducimos máis abaixo é unha transcrición do que aparece na segunda edición deste libro, publicada por Monterrey en 1957.

8
Hai unha illa loubada
alá no fondal do mar.
Ten bois da color do tempo
e pastoras de cristal.

Ten un río de paxaros
que desemboca en canción.
Paxaros mornos de illa
con os seus niños no sol.

Ten lúa nova e crecente
i ollos pra decir ai lá!
A boca tena pechada
para vendimas de sal.

E ten un cabelo novo,
ai amor! qué pelo ten.
Cheiro profundo de alga
e sabor limo de mel.

Hai unha illa loubada
Alá no fondal do mar.
Navegada de luceiros
na noite nácelle o van.