
Margarita Ledo durante a súa intervención sobre Antón Villar Ponte
En cada un destes espazos documentais, emitidos entre o día 17 de maio e o 25 de xullo, un membro da Academia -numerario, correspondente ou electo- ofrece a súa visión sobre cada unha das figuras protagonistas do Día das Letras Galegas, ata completar o total de 50.
A continuación presentamos a relación dos académicos que participaron neste proxecto, canda a figura homenaxeada á que se referiron. Os vídeos emitidos ao longo deses 50 capítulos poden visionarse na biografía de cada homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Rosalía de Castro, por Luz Pozo Garza; Castelao, por Xosé Neira Vilas; Eduardo Pondal, por Méndez Ferrín; Francisco Añón, por Ana Isabel Boullón Agrelo; Manuel Curros Enríquez, por Xesús Alonso Montero; Florentino López Cuevillas, por Carlos García Martínez; Antonio Noriega Varela, por Xosé Henrique Monteagudo Romero; Marcial Valladares, por Antón Santamarina Delgado; Gonzalo López Abente, por Xosé María Lema Suárez; Valentín Lamas Carvajal, por Víctor Fernández Freixanes; Manuel Lago González, por Andrés Torres Queiruga; Xoán Vicente Viqueira, por Francisco Cerviño; Xoán Manuel Pintos, por Xosé Henrique Costas; Ramón Cabanillas, por Francisco Fernández Rei; Antón Villar Ponte, por Margarita Ledo Andión; Antonio López Ferreiro, por Pegerto Saavedra Fernández; Manuel Antonio, por Xosé Luís Axeitos Agrelo; Alfonso X, por David Mackenzie; Vicente Risco, por John Rutherford; Luís Amado Carballo, por Xoán Babarro González; Manuel Leiras Pulpeiro, por Xosé Luís Regueira Fernández; Armando Cotarelo Valledor, por Euloxio Rodríguez Ruibal; Antón Losada Diéguez, por Manuel Caamaño Suárez; Aquilino Iglesia Alvariño, por Gonzalo Navaza; Francisca Herrera Garrido, por Andrés Fernández Albalat; Ramón Otero Pedrayo, por Ramón Villares Paz; Celso Emilio Ferreiro, por Alba Nogueira López; Luís Pimentel, por Olivia Rodríguez González; Álvaro Cunqueiro, por Manuel Rivas Barrós; Fermín Bouza Brey, por Fernando Acuña Castroviejo; Eduardo Blanco Amor, por Craig Patterson; Luís Seoane, por Xosé Fernández Ferreiro; Rafael Dieste, por Salvador García-Bodaño; Xesús Ferro Couselo, por Francisco Cidrás Escáneo; Ánxel Fole, por Luís Manuel García Mañá; Trobadores da Ría de Vigo, por Ramón Lorenzo; Roberto Blanco Torres, por Fernando López-Acuña; Manuel Murguía, por Xosé Ramón Barreiro Fernández; Eladio Rodríguez, por Manuel González González; Frei Martín Sarmiento, por Héctor M. Silveiro Fernández; Antón Avilés de Taramancos, por Dolores Sánchez Palomino; Xaquín Lorenzo Fernández, por X. Manuel González Reboredo; Lorenzo Varela, por Fausto Galdo Fernández; Manuel Lugrís Freire, por Xesús Ferro Ruibal; María Mariño, por Rosario Álvarez Blanco; Xosé María Álvarez Blázquez, por Darío Xohán Cabana Yanes; Ramón Piñeiro, por Francisco Díaz-Fierros; Uxío Novoneyra, por Augusto P. Alberti; Lois Pereiro, por Xulio Ríos e Valentín Paz Andrade, por Bernardino Graña Villar.