Entrega dos premios Contádenos o voso Día das Letras 2018

O CEIP Anxo da Garda, o CPI Virxe da Cela e a EEI do Milladoiro recolleron na RAG o 16 de outubro os premios do concurso do proxecto Primavera das Letras.

Foto de grupo dos participantes no acto de entrega dos premios Contádenos o voso Día das Letras de María Victoria Moreno

A académica Fina Casalderrey conduciu o acto

Carlos, da familia dos Bolechas, tamén participou na celebración

O alumnado da EEI do Milladoiro coloca nun cesto os canciños de peluche que se empregaron na exposición dedicada á autora e o seu amor polos animais nesta escola de Ames

O alumnado da EEI do Milladoiro recita un poema de María Victoria Moreno

Elías Espiñeira e Iria Lence interveñen en representación do CPI Virxe da Cela de Monfero

Fina Casalderrey púxose na pel de María Victoria Moreno e vestiu un dos sombreiros que tanto lle gustaban

Sabela Pérez Regueira, caracterizada como María Victoria Moreno, presenta a actuación musical dos seus compañeiros do CEIP Anxo da Garda da Coruña

Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP Anxo da Garda da Coruña ponlle música e coreografía a un poema de María Victoria Moreno

Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP Anxo da Garda da Coruña ponlle música e coreografía a un poema de María Victoria Moreno

A alumna Sabela Pérez Regueira e Cristina Culebras, directora do CEIP Anxo da Garda, recollen o premio ao seu colexio acompañadas de Pedro Ferriol, viúvo de María Victoria Moreno, o presidente Víctor F. Freixanes, a académica Fina Casalderrey e os editores Teresa Rocamonde, Andrea Jamardo e Francisco Castro

A directora da EEI do Milladoiro, Ángeles Ferrón, e pequenos da escola recollen o seu premio acompañados de Pedro Ferriol, viúvo de María Victoria Moreno, o presidente Víctor F. Freixanes, a académica Fina Casalderrey e os editores Teresa Rocamonde, Andrea Jamardo e Francisco Castro

A directora do CPI Virxe da Cela, Camino Pereiro, e alumnos do colexio de Monfero recollen o seu premio acompañados de Pedro Ferriol, viúvo de María Victoria Moreno, o presidente Víctor F. Freixanes, a académica Fina Casalderrey e os editores Teresa Rocamonde, Andrea Jamardo e Francisco Castro

Teresa Rocamonde, da editorial Bolanda, conta a súa experiencia como lectora de María Victoria Moreno sendo adolescente

Andrea Jamardo, de Urco Editora, lembrou tamén a importancia que tivo para ela Anagnórise, unha das novelas de María Victoria Moreno

Francisco Castro, director xeral de Galaxia, salientou o marcado perfil feminista dalgunhas obras de María Victoria Moreno