Entrega dos premios Contádenos o voso Día das Letras 2017

Noventa nenos e nenas dos cinco colexios galardoados no concurso de Primavera das Letras encheron o 24 de outubro de 2017 a RAG de palabras e música de homenaxe a Casares, mesmo a ritmo de 'reggaeton'.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, dálles a benvida ao alumnado e profesorado premiado

Fina Casalderrey amósalle ao alumnado o manuscrito de A man de santiña de Ramón Cabanillas

Alumnos do CEIP Os Casais de Fene coas chapas da Galiña azul de Primavera das Letras

A académica Fina Casalderrey foi a encargada de explicar de xeito sinxelo e ameno cal é o labor da Academia

O alumnado do CRA Amencer de Ribadavia sobe ao estrado a recoller o seu premio

Os nenos e nenas de sexto de primaria do CEIP do Carballal (Marín) interpretan un fragmento do Casares-ton

Representantes do CEIP do Carballal recollen o diploma e unha escolma do lote de libros do seu premio

Daniel, Noa e Ana interveñen en nome do CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán) acompañados pola responsable da biblioteca escolar, a profesora Cristina Fernández Ameal

Daniel, Noa, Ana e Cristina Fernández Ameal posan co diploma do CEIP Carlos Casares de Nigrán xunto a Fina Casalderrey, Víctor F. Freixanes e o Bolechas Braulio

Breixo e Antía falaron e recolleron o premio en nome do CEIP Plurilingüe Os Casais de Maniños (Fene) acompañados pola coordinadora da Biblioteca Paula Carballeira, María José Vila Barreiro

Breixo e Antía falaron e recolleron o premio en nome do CEIP Plurilingüe Os Casais de Maniños (Fene) acompañados pola coordinadora da Biblioteca Paula Carballeira, María José Vila Barreiro. Na imaxe, os tres co seu diploma en compaña de Fina Casalderrey, Víctor F. Freixanes e o Bolechas Braulio

Alumnado do CEIP Antonio Fernández López de Oural (Sarria) canta un anaco da canción dedicada a Carlos Casares que forma parte da adaptación teatral de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas pola que foron premiados

Alumnado do CEIP Antonio Fernández López de Oural (Sarria) recolle o diploma na compaña do seu mestre José Manuel Cabana, o presidente Víctor F. Freixanes, a académica Fina Casalderrey e o Bolechas Braulio

O alumnado puido coñecer a biblioteca e o arquivo e como se traballa con documentos antigos