Pleno extraordinario da Academia en Ponteceso

O 7 de febreiro de 2014 celebrouse, en Ponteceso, un pleno extraordinario da Academia en conmemoración do 180º aniversario do nacemento de Eduardo Pondal e do cincuentenario do Día das Letras Galegas dedicado á súa figura.

Ao comezo da xornada, un grupo de rapaces e rapazas de Ponteceso ceibaron unha morea de globos azuis e brancos.

A sesión extraordinaria, celebrada na Fundación Eduardo Pondal, foi inaugurada polo presidente da Academia, Xesús Alonso Montero.

En palabras do historiador e académico Ramón Villares: "Pondal construíu un edificio literario que posuía unha clara intencionalidade patriótica".

O escritor e académico Xosé Luís Franco Grande analizou no seu discurso a relación entre Pondal e Murguía.

Xosé Luís Franco Grande rematou a súa intervención salientando a necesidade de volver, unha e outra vez, á lectura do autor do Himno: "O derradeiro Pondal está aínda por descubrir", concluíu.

Foto de familia dos membros numerarios da Academia en Ponteceso.