Ingreso de Pegerto Saavedra

O 14 de setembro de 2013 tivo lugar, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, o acto de recepción como membro numerario da Academia de Pegerto Saavedra Fernández. A resposta, en nome da Academia, correspondeulle a Ramón Villares.

Imaxe do público asistente ao acto.

O novo académico durante a súa intervención.

Pegerto Saavedra dando lectura ao seu discurso.

A resposta en nome da Academia correspondeulle a Ramón Villares.

Xesús Alonso Montero imponlle a medalla de Académico a Pegerto Saavedra.

O novo académico recibindo os honores dos asistentes.

O novo académico Pegerto Saavedra Fernández.