Ingreso de Marina Mayoral como académica de honra

A escritora e investigadora Marina Mayoral leu o discurso de entrada na RAG como membro de honra nun pleno celebrado na sede da institución o 2 de decembro de 2017.

Marina Mayoral lendo o discurso de ingreso na RAG, unha revisión dos motivos que levaron a Murguía a destruír as cartas de Rosalía de Castro.

Fonte: Xosé Castro / RAG

Marina Mayoral entra no salón de actos da RAG acompañada das académicas de número Marilar Aleixandre e Chus Pato, as dúas últimas persoas en se incorporar á institución.

Fonte: Xosé Castro / RAG

Marina Mayoral escoita a apertura do acto na bancada do público antes de subir ao estrado para dar lectura ao seu discurso.

Fonte: Xosé Castro / RAG

O salón de actos encheuse de público para escoitar a Marina Mayoral no seu ingreso na RAG.

Fonte: Xosé Castro / RAG

Un momento da lectura do discurso da nova académica de honra.

Fonte: Xosé Castro / RAG

O académico de número Xesús Alonso Montero felicita a Marina Mayoral tras a lectura do discurso.

Fonte: Xosé Castro / RAG

Fonte: Xosé Castro / RAG

O académico de número Xosé Luís Franco Grande foi o encargado de lle dar resposta a Marina Mayoral en nome da RAG.

Fonte: Xosé Castro / RAG

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, entrégalle a Marina Mayoral o diploma e a medalla de académica.

Fonte: Xosé Castro / RAG

Marina Mayoral senta xunto a membros da RAG tras recibir a medalla e o diploma de académica de honra.

Fonte: Xosé Castro / RAG

Marina Mayoral, xa convertida en académica de honra, xunto ao académico de número Xosé Luís Franco Grande, encargado de lle dar resposta ao seu discurso de ingreso en nome da RAG.

Fonte: Xosé Castro / RAG

Marina Mayoral posa tras o pleno extraordinario de ingreso na RAG como membro de honra xunto aos membros de número da institución.

Fonte: Xosé Castro / RAG