Día da Poesía. Homenaxe a Xohana Torres

A RAG rendeulle homenaxe á escritora e académica o 21 de marzo de 2018, Día Internacional da Poesía. O acto recuperou as palabras de Xohana Torres, nas voces de poetas, dramaturgos e amizades, e tamén en forma de cancións.

As persoas que interviñeron na homenaxe a Xohana Torres e membros da RAG posan unha vez concluído o acto.

Fonte: RAG

Guadi Galego, acompañada de Guillerme Fernández, converteu para a celebración os poemas "Penélope" e "Nai" de Xohana Torres en cancións.

Fonte: RAG

Os convidados e convidadas a recitar fragmentos da obra de Xohana Torres seguen a actuación musical.

Fonte: RAG

A académica Marilar Aleixandre presenta o acto.

Fonte: RAG

A vicepresidenta da Deputación da Coruña e académica correspondente, Goretti Sanmartín, sentada xunto ao secretario xeral del Política Lingüística, Valentín García, segue o acto momentos antes de recitar un dos poemas da autora homenaxeada.

Fonte: RAG

Fonte: RAG

A poeta e académica electa Ana Romaní foi a encargada da loanza de Xohana Torres.

Fonte: RAG

O dramaturgo e académico Euloxio R. Ruibal comenta a peza teatral A outra banda do Íberr.

Fonte: RAG

O público ateigou o salón de actos da Real Academia Galega.

Fonte: RAG

Ánxela G. Abalo e Gustavo Pernas interpretan un anaco da obra de teatro A outra banda do Íberr.

Fonte: RAG

Tamara Andrés recita o poema "É a forza crúa do sol".

Fonte: RAG

Fonte: RAG

Xosé Manuel Beiras, amigo de Xohana Torres, le "Sueiro".

Fonte: RAG

Xosé Manuel Beiras, amigo de Xohana Torres, le "Sueiro".

Fonte: RAG

O académico Xosé Luís Franco Grande recita "As doce do día".

Fonte: RAG

A académica Margarita Ledo declama "A dura maxestaxe do silencio".

Fonte: RAG

Carlos Negro escolleu os versos de "Ofelia".

Fonte: RAG

Ánxeles Penas recitou "¿E todo para que, corazón meu?".

Fonte: RAG

A poeta e académica Luz Pozo Garza escolleu para a homenaxe a Xohana Torres o poema da autora "O mar, o mar, os signos estelares".

Fonte: RAG

Ismael Ramos recita "Vaga inicial do inverno".

Fonte: RAG

O director da Sección de Literatura da RAG, Xesús Alonso Montero, recordou a xornada na que escoitou por primeira vez a Xohana Torres, en marzo de 1957.

Fonte: RAG

Guadi Galego interpreta un dos poemas de Xohana Torres que converteu en cancións.

Fonte: RAG

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, reivindicou a Xohana Torres novelista de Adiós, María.

Fonte: RAG

A filla de Xohana Torres, Andrea Ellacuría Torres, pechou a celebración compartindo o recordo persoal do seu ingreso na Real Academia Galega.

Fonte: RAG

A académica Luz Pozo Garza saúda a Andrea Ellacuría Torres.

Fonte: RAG

Ismael Ramos, Carlos Negro e Tamara Andrés.

Fonte: RAG

Gustavo Pernas e Ana Romaní conversan tras a homenaxe.

Fonte: RAG

Andrea Ellacuría, filla de Xohana Torres, e Xosé Manuel Beiras, amigo da escritora, charlan unha vez concluída a celebración.

Fonte: RAG