Centenario das Irmandades da Fala

A Real Academia Galega celebrou o 18 de maio de 2016, da man do Concello da Coruña, o centenario da fundación das Irmandades da Fala cun acto musical e literario no Teatro Rosalía de Castro. Os coros históricos Cántigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Coral de Ruada e Toxos e Froles tiveron un protagonismo especial.

Público facendo cola ás portas do Teatro Rosalía de Castro.

Fonte: Xosé Castro

O acto arrincou coa entrada no teatro do coro Cántigas da Terra, que previamente interpretou varias pezas na rúa. 

Fonte: Xosé Castro

O acto arrincou coa entrada no teatro do coro coruñés Cántigas da Terra, que previamente interpretou varias pezas na rúa

Fonte: Xosé Castro

O coro da Coruña Cántigas da Terra nun momento da súa actuación. 

Fonte: Xosé Castro

O coro Cántigas da Terra interpretou "Ben, ben vai. Enchoiada festiva" e "Ruada de Loroño. Van todas, van!".

Fonte: Xosé Castro

A poeta Estíbaliz Espinosa foi a mantedora do acto musical e literario

Fonte: Xosé Castro

A Coral de Ruada, de Ourense, interpretou a "Foliada do Miño" e "O quer que lle quer".

Fonte: Xosé Castro

A xornalista Cristina Lombao abriu a primeira quenda de recitados lendo a "A bandeira ergueita", de Antón Villar Ponte

Fonte: Xosé Castro

Manuel Lugrís, neto de Manuel Lugrís Freire, leu o "Himno das Irmandades", escrito polo seu avó

Fonte: Xosé Castro

A actriz Isabel Risco, sobriña neta de Vicente Risco, leu "Ti dis Galicia é ben pequena", texto do intelectual ourensán

Fonte: Xosé Castro

Pedro Fernández púxolle voz aos versos de "En pé", de Ramón Cabanillas

Fonte: Xosé Castro

A agrupación compostelá Cantigas e Agarimos interpretou a "Cantiga de Palas de Rei" e a "Foliada de Noia"

Fonte: Xosé Castro

A estudante Orleni Mateo abriu a segunda quenda de recitados con "Triadas no mar e na noite", de Fermín Bouza-Brey

Fonte: Xosé Castro

A profesora Carmen García-Rodeja le "Postulación da ética", de Roberto Blanco Torres

Fonte: Xosé Castro

O escritor e académico Manuel Rivas escolleu o poema "O Campo da Rata", de Xohán Casal

Fonte: Xosé Castro

A escritora e académica Fina Casalderrey pechou a parte de recitados do acto cunha escolma de distintas partes do discurso de Castelao "Alba de gloria"

Fonte: Xosé Castro

O máis antigo dos catro coros, o ferrolán Toxos e Froles, interpretou "Debaixo do consistorio" e a "Foliada de Corrubedo"

Fonte: Xosé Castro

Os catro coros puxéronlle o ramo ao acto intepretando xuntos o Himno

Fonte: Xosé Castro

O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, xunto a membros dos catro coros ao remate do acto

Fonte: Xosé Castro