Finou o membro correspondente Manuel Lucas Álvarez

Profesor de Historia especializado en Paleografía e membro correspondente da Academia desde 1955, Manuel Lucas Álvarez (1917-2014) foi tamén reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Manuel Lucas Álvarez
Manuel Lucas Álvarez


Autor de numerosos traballos de investigación sobre a documentación medieval galega, entre as súas achegas monográficas neste eido salientan El Archivo del Monasterio de San Martiño de fora o Pinario de Santiago de Compostela, El archivo del monasterio de San Pedro de Ramirás en la Edad Media e Características paleográficas de la escritura gótica gallega: escritorios notariales compostelanos.

Entre os documentos de Manuel Lucas Álvarez atesourados na Academia, consérvase este orixinal mecanografado que se pode descargar aquí do seu limiar á Historia de Galiza, publicado en 1980 pola Caixa de Aforros de Galicia cando el era o seu presidente.