Darío Campos e Víctor F. Freixanes, no centro da imaxe, acompañados por Henrique Monteagudo e Pilar García Porto. Foto: Deputación de Lugo
Na xuntanza mantida no Pazo de San Marcos entre Víctor F. Freixanes e Darío Campos Conde tamén participaron o secretario da RAG, Henrique Monteagudo, e a deputada de Cultura, Pilar García Porto. Os proxectos da Academia para 2018 e os seus orzamentos do vindeiro ano, nos que a RAG anima á Deputación de Lugo a ampliar a súa colaboración, centraron boa parte da reunión.