A Filmoteca Española (Cine Doré) acollerá todas as proxeccións programadas dentro da Retrospectiva Margarita Ledo. A primeira, o martes 9 de maio, será a da cinta A cicatriz branca (2012), ficción construída sobre unha base documental que explora a figura da muller galega exiliada en Arxentina. A exhibición terá lugar a partir das 20:00 horas na sala 2 e completarase cun coloquio coa propia directora.
A súa primeira longametraxe, Santa Liberdade (2004), coa que recuperou a memoria do secuestro do transatlántico Santa María en 1961 para denunciar as ditaduras de Franco e Salazar, proxectarase o mércores 10 de maio, ás 19:30, horas (sala 1) e o domingo 14 de maio, ás 20:00 horas (sala 2). Liste, pronunciado Líster (2007), sobre o líder comunista galego, poderá verse o 13 de maio ás 20:00 horas (sala 2).
A de Margarita Ledo, xunto coa dedicada ao director cambodjano Rithy Panh, é unha das dúas retrospectivas incluídas nesta edición de Documentamadrid.