Discurso lido na sesión inaugural da Academia

O historiador e militar Leandro de Saralegui y Medina foi un dos académicos fundadores da Academia, e tamén o encargado de pronunciar o único discurso lido na súa sesión inaugural, o 30 de setembro de 1906.
Imaxe do salón de actos do círculo de artesáns
Vista do salón de actos da Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns da Coruña durante a celebración do primeiro centenario do nacemento de Pondal, con Antón Villar Ponte en uso da palabra (8-II-1935)


Na súa disertación, o militar de orixe tudense expresaba a arela común daquela xeración galeguista organizada arredor da Academia: a recuperación do noso pasado histórico. Así, despois de lamentar os escasos avances da historiografía galega naquela altura, Saralegui y Medina salienta a importancia de feitos como a lírica medieval galego-portuguesa ou do propio Camiño de Santiago, como indicadores do gran desenvolvemento sociocultural acadado no antigo Reino de Galicia.

A continuación, e despois gabar o esforzo da comunidade galega en Cuba que fixera posible a fundación da Academia, Saralegui y Medina pasa a desenvolver o verdadeiro obxecto da súa alocución: a historia de Ferrol na baixa Idade Media, desde a súa caída baixo o señorío dos Andrade trala Guerra de Sucesión entre Pedro I e Enrique de Trastámara, ata á revolta dos Irmandiños contra os abusos dos novos señores feudais.

O discurso completo, lido no salón da coruñesa Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns, pódese descargar aquí.