Discurso de ingreso de Rafael Dieste

O 18 de abril de 1970 ingresaba na Academia o polígrafo rianxeiro cunha disertación sobre diversos aspectos do uso da lingua polas clases populares.
Rafael Dieste chegando a Nova York
Rafael Dieste chegando a Nova York


O autor de A fiestra baldeira, Rafael Dieste, analiza, nun discurso titulado A vontade de estilo na fala popular, fenómenos como as deturpacións producidas pola influencia do castelán na lingua común, o uso de certas perífrases verbais, ou algúns prexuízos estendidos sobre o prestixio da nosa lingua e a súa unidade.

A resposta, en nome da Academia, correspondeulle ao futuro presidente desta Corporación, Domingo García-Sabell Rivas.

O discurso de Rafael Dieste pódese descargar aquí.