Panorámica de Corcubión contra os anos corenta
Próximo cando novo ao círculo galeguista organizado arredor da revista Nós, Euxenio Montes habíase desprazar, andado o tempo, cara a posicións afíns ás da extrema dereita española, abandonando, no empezo dos anos trinta, o cultivo literario do galego. Secasí, entre 1922 e 1930, tirou do prelo na nosa lingua os libros de relatos O vello mariñeiro toma o sol e outros contos e Tres contos, ademais do poemario Versos a Tres Cás o Neto, publicado pola editora coruñesa Nós en 1930, do que tiramos o seguinte texto.
Corcubión
Non pide o croar dos zocos
rei, que pide mariñeiro.
Nos zocos latexa o pulso
de iauga e vento do inverno.
Finisterre. O corazón
ten unha anguria por remo.