Convocatoria dun contrato eventual adscrito ao departamento de comunicación

A Real Academia Galega convoca un concurso aberto para un contrato eventual a tempo completo para persoal técnico adscrito ao departamento de comunicación.

Período de contratación: 1 de setembro de 2021 - 31 de decembro de 2021

REQUISITOS E BAREMO

  • Licenciatura / grao en Comunicación Audiovisual. (Ata 15 puntos)
  • Competencia demostrable oral e escrita en lingua galega. (Ata 15 puntos)
  • Experiencia demostrable na creación de contidos audiovisuais en distintos soportes. (Ata 30 puntos)
  • Entrevista. (Ata 30 puntos)

MÉRITOS
(Un punto por mérito ata 10 puntos)

  • Formación complementaria e experiencia en produción, gravación, edición, montaxe e posprodución audiovisual.
  • Formación complementaria e experiencia en fotografía.
  • Formación e experiencia en deseño gráfico e animación (ilustración dixital, grafismos en movemento, 3D, grafismo audiovisual, maquetación...).
  • Formación e experiencia en deseño web.
  • Formación e experiencia en xornalismo dixital.
  • Formación e experiencia en xestión de redes sociais.
  • Formación e experiencia en gabinetes e en comunicación corporativa.
  • Experiencia en medios audiovisuais e escritos.
  • Coñecemento doutras linguas.
  • Outros méritos.

FUNCIÓNS

  • Creación de contidos audiovisuais: produción, gravación, edición, montaxe e posprodución audiovisual.
  • Emisión en streaming de actividades presenciais e en liña a través de distintas redes sociais.
  • Fotografía.
  • Apoio nas principais tarefas de comunicación da RAG: elaboración de notas de prensa e boletíns, contidos para as páxinas web da institución (elaboración e edición de contidos sobre a actividade da RAG e divulgativos), dinamización da presenza da RAG nas redes sociais, deseño de material gráfico, colaboración na organización de actividades e na cobertura de actos públicos da Academia etc.

REMUNERACIÓN
A persoa seleccionada percibirá un salario bruto de 6.140,28 euros polo período de catro meses do contrato obxecto desta convocatoria.

PRAZOS

2–12 de xulloEntrega de documentación segundo as indicacións que figuran a seguir.
14 de xulloPublicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.
15–16 de xulloPresentación de reclamacións. Este prazo tamén será válido para corrixir a documentación presentada, se é o caso.
19 de xulloPublicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.
23 de xulloPublicación da listaxe das persoas seleccionadas e convocatoria para a entrevista persoal.
26 de xulloEntrevista persoal. Sede da RAG (Tabernas 11, A Coruña).
27 de xulloPublicación da listaxe de persoas seleccionadas por orde de prelación.
28-29 de xulloPresentación de reclamacións, que serán resoltas de xeito inapelable polo Presidente da RAG.
30 de xulloPublicación da listaxe definitiva.

 

INSTRUCIÓNS PARA A ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

As persoas candidatas deberán achegar, no prazo establecido, e a través do correo electrónico difusion@academia.gal a seguinte documentación en formato pdf:

  • Documento A. Solicitude
    • Datos de identidade e contacto: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, lugar de nacemento, número de teléfono, correo electrónico, enderezo postal.
    • Relación de título(s) académico(s).
    • Relación de méritos alegados.
  • Documento B. Acreditación
    • Documentación acreditativa dos títulos académicos e méritos. Deberá incluírse en primeiro lugar os que acreditan o cumprimento dos requisitos.
  • Documento C. Portafolio
    • Portafolio que amose os principais traballos realizados de acordo co perfil da praza coas súas correspondentes ligazóns para poderen ser visualizados, ben a través da Rede (páxina web, Youtube, Vimeo...) ou ben a través dun hosting (Google Drive, Dropbox, OneDrive, Mega...). No caso de que as pezas audiovisuais se suban a un hosting, prégase que a calidade non supere os 720p e sexan en formato .MKV ou .MP4 e que as creacións realizadas con programas de deseño gráfico se presenten en .PDF ou .JPG.
      O peso máximo total dos 3 arquivos anexos non pode superar os 40 MB

COMPOSICIÓN DA COMISIÓN AVALIADORA

  • Presidencia: Margarita Ledo Andión
  • Secretaría: Iolanda F. Casal
  • Vogalías:
    • Ana Romaní Blanco
    • Fernando Redondo Neira
    • Nélida Cosme Abollo

 

A Coruña, 2 de xullo de 2021

 

A convocatoria pode descargarse NESTA LIGAZÓN.