Convocatoria de dous contratos de traballos de lexicografía e de redacción e revisión de textos

A Coruña, 31 de xaneiro de 2022

A Real Academia Galega convoca un concurso aberto para dous contratos eventuais a tempo completo de persoal técnico, desde o 14 de marzo ao 13 de setembro de 2022. As persoas contratadas colaborarán en tarefas relacionadas cos proxectos lexicográficos da Real Academia Galega e na redacción e revisión lingüística e estilística de textos.

As listaxes, convocatorias e resolucións publicaranse no sitio web da Real Academia Galega: https://academia.gal/

Requisitos
Licenciatura ou Grao en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-Portuguesa ou titulación equivalente.

Méritos específicos

  1. Experiencia acreditable en traballos coa lexicografía do galego e/ou coa redacción e revisión lingüística e estilística de textos en lingua galega, segundo o perfil do contrato.
  2. Formación e experiencia acreditables en traballos de elaboración de dicionarios ou outras ferramentas lexicográficas e/ou de redacción e revisión lingüística e estilística de textos en lingua galega, segundo o perfil do contrato.
  3. Publicacións relacionadas coa lexicografía galegas e/ou coa redacción e revisión lingüística e estilística de textos en lingua galega, segundo o perfil do contrato.
  4. Coñecementos de informática e experiencia no manexo de bases de datos, follas de cálculo, procesadores de texto, edición de páxinas web e outras ferramentas informáticas.
  5. Formación e experiencia acreditables relacionadas co estudo da lingua galega, o seu ensino, a súa normalización ou a súa difusión.
  6. Coñecemento acreditable doutras linguas.

Condicións
Xornada completa. Contrato desde o 14 de marzo de 2022 ata o 13 de setembro de 2022.

Remuneración
Cada persoa seleccionada percibirá un salario bruto de 9.210,40 euros, pagas extraordinarias incluídas, polo período de seis meses do contrato obxecto desta convocatoria.

PRAZOS

1-11 de febreiroPresentación de solicitudes segundo as indicacións que figuran a seguir, e especificando se desexan optar ao contrato de lexicografía ou de redacción / revisión de textos en lingua galega
14 de febreiroPublicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas
15-17 de febreiroPresentación de reclamacións. Este prazo tamén será válido para corrixir a documentación presentada, se é o caso
18 de febreiroPublicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas
25 de febreiroPublicación da listaxe das persoas seleccionadas e convocatoria para a entrevista persoal
3-4 de marzoEntrevista persoal. Sede da RAG (Tabernas 11, A Coruña)
7 de marzoPublicación da listaxe de persoas seleccionadas para os contratos e substitutas, por orde de prelación
8-9 de marzoPresentación de reclamacións, que serán resoltas de xeito inapelable polo Presidente da RAG o día 10 de marzo
11 de marzoPublicación da listaxe definitiva

 

Presentación de solicitudes

As persoas candidatas deberán achegar, no prazo establecido, e a través do correo electrónico secretaria@academia.gal a seguinte documentación en formato pdf:

  • Documento A. Solicitude
    1. Datos de identidade e contacto: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, lugar de nacemento, número de teléfono, correo electrónico, enderezo postal.
    2. Relación de título(s) académico(s).
    3. Relación de méritos alegados.
  • Documento B. Acreditación
    • Documentación acreditativa dos títulos académicos e méritos.

Composición da comisión avaliadora

Presidencia:Un membro numerario/a da RAG
Secretaría:O vicesecretario da RAG
Vogalías:Un membro do Seminario de Lexicografía ou da Sección de Lingua da RAG, segundo o perfil do contrato
Un/unha técnico/a da RAG especialista en lexicografía ou lingua galega, segundo o perfil do contrato
Un/unha representante do persoal laboral da RAG, con voz e sen voto

 

A convocatoria pode descargarse NESTA LIGAZÓN.