Fragmento da portada do traballo gañador na VIII edición, 2011
Coa finalidade de promover a reflexión e a dinamización lingüísticas no ámbito universitario, este premio está dirixido a todos os membros da comunidade universitaria galega, podéndose presentar calquera persoa de xeito individual ou en grupos, e quedando excluída a participación dos traballadores de calquera dos tres Servizos de Normalización. As propostas que se poden presentar a este premio enmárcanse en dúas modalidades. Por unha banda, o proxecto dunha campaña que desenvolva unha iniciativa orixinal tendo por obxectivo o uso do galego no ámbito universitario e, pola outra, a formulación dunha idea razoada e desenvolvida para a promoción do galego no mesmo ámbito.
Valoraranse positivamente as posibilidades reais e de incidencia real das propostas, o seu carácter transversal, a coordinación entre distintos axentes dinamizadores e a orixinalidade das iniciativas.