O acto foi presentado polo secretario da Academia, Xosé Luís Axeitos, e o discurso de clausura correspondeu ao presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín.
Ao pé do coruñés Teatro Rosalía de Castro, diversas actuacións homenaxearon o 150 aniversario destes Xogos Florais, data que constitúe o inicio do Rexurdimento da literatura galega.
Na celebración participaron Nova Galega de Danza; a pianista Margarita Viso, que interpretou a Muiñeira para piano composta por Canuto Berea para os Xogos de 1861 e a Banda Municipal de Outes, o Concello do que era orixinario Francisco Añón, gañador dos primeiros Xogos
Tiveron tamén presenza activa Ramón Blanco, secretario da Asociación Cívico Cultural Terra de Outes, e outras quince personalidades representativas do activismo cultural e cívico da cidade que recitaron poemas do Álbum de la Caridad, editado por José Pascual López Cortón en 1862 con poemas de Rosalía, Pondal e Añón, entre outros poetas.
Reportaxe gráfica das celebración en Fotogalerías.