Unha vez concluído o prazo de presentación de candidaturas á Presidencia da institución, a Real Academia Galega comunica que con data 24 de marzo foi rexistrada unha proposta a favor de Víctor Fernández Freixanes, subscrita polos académicos Xesús Alonso Montero, Margarita Ledo Andión e Antón Santamarina Fernández. Víctor F. Freixanes (Pontevedra, 1951) é escritor, xornalista, editor e profesor universitario, e ten a condición de académico numerario da RAG desde 2004.
O proceso electoral púxose en marcha o pasado 17 de marzo coa conclusión do mandato de Xesús Alonso Montero. A candidatura de Víctor F. Freixanes será sometida a votación no Pleno extraordinario que se celebrará mañá, martes 28 de marzo, a partir das 18:30 horas.