co selo da Asociación. Hemeroteca da RAG
Na Asemblea participaron os principais intelectuais de signo galeguista naquel tempo, como Castelao, os irmáns Villar Ponte, Vicente Risco, Ramón Cabanillas, Lois Peña Novo ou Gonzalo López Abente, ata completar un total de 60 asistentes aos que se adheriron outros 17. Segundo o historiador Xusto Beramendi, "os reunidos aproban un manifesto-programa que será o texto programático basico do nacionalismo galego ata a fundación do Partido Galeguista en 1931. De entrada declárase pechada a fase rexionalista do galeguismo; no futuro só serán utilizados os termos nación (galega), nacionalismo e nacionalistas." (Beramendi, 2007).
Este manifesto que reproducimos aquí foi publicado polo semanario A Nosa Terra, órgano oficial das Irmandades da Fala, o 5 de Nadal de 1918. Nel defendíanse, entre outras cuestións, a creación dun poder político galego cun gran nivel de autonomía, a cooficialidade da lingua galega e a igualdade de dereitos para a muller. Contra o final do manifesto afírmase literalmente:
"Son chegadol-os tempos d´erguere a y-alma e o pensamento de Galicia, e sobor todo a súa soberanía, compreta e sin cativeces. N-isto non caben discusións: Galicia ten direito, un direito fundamental, a ser dona ausoluta de si mesma."