Conferencia de Ana Boullón sobre a antroponimia galega
Fonte: RAG
Conferencia de Ana Boullón sobre a antroponimia galega
Fonte: RAG
Conferencia de Ana Boullón sobre a antroponimia galega
Fonte: RAG
Conferencia de Ana Boullón sobre a antroponimia galega
Fonte: RAG
A especialista en onomástica explicou como se formaron, de que están compostos, cales son os nomes e apelidos máis frecuentes e como mudaron os nomes ao longo dos séculos, entre outras cuestións. A catedrática de Filoloxía Galega da USC referiuse ademais á situación sociolingüística que implicou a castelanización dos antropónimos, parcial no caso dos apelidos e case total para os nomes, e ás ferramentas das que hoxe dispoñemos para restaurar as formas de noso.
Os Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” son unha iniciativa da Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela que se desenvolve co apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. A trixésimo quinta edición conclúe mañá na Facultade de Filosofía coa entrega dos diplomas aos sesenta estudantes que participaron nesta edición, alumnos e alumnas procedentes dunha vintena de países de Europa, América e Asia.