Acordo de colaboración entre a Academia e a Deputación de Ourense

As dúas institucións acordaron publicar unha obra na que se analizará a relación entre a Academia e a provincia de Ourense a partir da pegada que deixaron nesta institución figuras como Curros Enríquez ou o propio Alonso Montero.
Manuel Baltar, Alonso Montero, Henrique Monteagudo
Manuel Baltar, Alonso Montero e Henrique Monteagudo


Na reunión participaron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero e o secretario da mesma, Henrique Monteagudo. Ademais do devandito volume sobre a participación de persoeiros ourensáns na Academia, as dúas partes acordaron tamén colaborar nos traballos sobre toponimia ourensá que actualmente desenvolve esta institución. Así mesmo, o presidente da Deputación de Ourense convidou formalmente á Academia a tomar parte nos actos de conmemoración dos 35 do pasamento do autor de A esmorga, Eduardo Blanco Amor, que se han celebrar no vindeiro ano 2014.