Entrega dos premios do VIII Concurso de microrrelatos
Fonte: RAG

A tesoureira da RAG, María López-Sández, e o presidente do PuntoGal, o tamén académico Manuel González, presidiron a entrega dos diplomas e galardóns do certame, no que se distinguiron nove microrrelatos de ata 200 palabras como gañadores e outros seis foron recoñecidos como finalistas. Na entrega tamén participaron os académicos correspondentes Xosé María Lema e Ana Romero Masiá, e mais a técnica de PuntoGal Cristina Ríos, integrantes do xurado das categorías infantil e xuvenil; e o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, en representación do xurado de persoas adultas; así como Ana Cermeño por parte da revista Luzes, que colabora coa publicación no vindeiro número da súa edición en papel dos relatos gañadores e finalistas.
As persoas premiadas e finalistas
O lugués Santiago Argüeso Galván (1997) recolleu o primeiro premio na categoría de persoas adultas por “O cadro”. Filólogo de formación, traballa nestes momentos nunha cadea de supermercados pero a súa vocación é a de docente e a escritura e a lectura están presentes no seu día a día. Damián Fernández Rodríguez (1986) fíxose co segundo premio por “Lagamei Lalo”. Nado en Ourense, medrou en Pontevedra e agora vive en Barcelona, onde traballa no ámbito da tradución, en procesos de calidade lingüística para empresas tecnolóxicas. Tamén reside fóra de Galicia, en Varsovia, Rebeca Lema Martínez (1986), gañadora do terceiro premio con “Tan duro”. Con raíces familiares en Laxe, Lema Martínez naceu na Coruña, viviu en Vigo e Santiago de Compostela, e desde 2013 reside na capital de Polonia, onde exerce a docencia. En 2022 saíu do prelo o seu libro de relatos Historias de amor para nefelibatas e tamén escribe novelas baixo pseudónimo, unha delas xa publicada e outras dúas en camiño.
As finalistas da categoría de persoas adultas son Marisa Vidal Collazo (Corme, 1966), autora de “Seur”, e Sara Jul Rivas (San Cibrao, 1972), recoñecida polo xurado “F+G=0”. Ambas as dúas son docentes de secundaria. Marisa Vidal Collazo conta cun libro en solitario, Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV, publicou tamén coas Comadres das Letras e coas asociacións Encrucillada e Mulleres Cristiás Galegas, e a mención do xurado do concurso da Real Academia Galega e PuntoGal súmase aos recoñecementos que recibiu por outros relatos nos certames que organizan Buserana, o Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia e a Biblioteca da Deputación da Coruña. Sara Jul Rivas apuntouse hai uns meses a un obradoiro de escritura con Antía Yáñez e foi así como se animou a concursar nesta convocatoria.
Na modalidade xuvenil as gañadoras do primeiro e do segundo premio son as veciñas de Guitiriz e alumnas do IES Poeta Díaz Castro Yanira Ansede Iglesias (2008) e Mencía Mencía Rodríguez Lorenzo (2009), polos relatos “No tempo esquecido” e “A chave”, respectivamente. María Conde Alba (2008), do Colexio Eirís, fíxose co terceiro por “A noite que nunca esquecerán”; e Anxo Rey López (2010), do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela, e Itxaso Illarramendi González (2010), da Compañía de María de Vigo, foron recoñecidos como finalistas por “Esculcando na memoria” e “Éxtase”.
Na categoría infantil Ana López Canosa (2013), do CEIP Zalaeta da Coruña, mereceu o primeiro premio por “A negrura da noite”; Laura Álvarez Barrio (2013), do CEP Santa Mariña de Redondela, gañou o segundo con “O libro do tempo esquecido”; e Irene Suárez Rodríguez (2015), do CEIP das Mercedes de Lugo, o terceiro con “O murmurio da montaña”. Do mesmo colexio lugués é Airela Ónega Ferreiro (2015), finalista con “Desexos voadores”. O xurado tamén elixiu como finalista “Indisciplina planetaria”, de Xoel Villar Castro, que non puido asistir á celebración. Xoel gañou o terceiro premio na pasada edición dun concurso no que o seu colexio, o CEIP de Castrelo de Miño, colleitou outros dous galardóns nas edicións de 2023 e 2022.
A importancia da escola
María López-Sández e Manuel González salientaron nas súas intervencións a importancia dun concurso que promove a creación literaria entre persoas de todas as idades e puxeron o acento na participación da xente máis nova, na que radica o futuro da lingua. A tesoureira da Academia considerou un acerto a aposta polo relato curto, o “gran xénero literario da posmodernidade”, e sinalou a necesaria implicación dos centros educativos como espazos de promoción da lectura e da escritura creativa, como queda demostrado na sucesión de premios conseguidos por alumnado de colexios como o das Mercedes de Lugo e o de Castrelo de Miño, ou o IES Poeta Díaz Castro. “Como di Guadalupe Jover, unha das grandes impulsoras no sistema educativo da promoción lectora e de creación de textos artísticos, se a literatura segue a ser materia troncal é por dúas razóns: porque contén a memoria para saber quen somos e a imaxinación para saber o que queremos ser”, expresou María López-Sández.
Manuel González referiuse ao concurso da RAG e PuntoGal como unha iniciativa totalmente asentada no panorama literario anual de Galicia e valorou a súa transversalidade temática, etaria e social, capaz de atraer “desde escritores consagrados, ata persoas que teñen unha escasa cultura libresca, pero si unha historia interesante que contar e a capacidade para expresalo artisticamente”. “Pero é especialmente importante a participación das nenas e nenos e da mocidade, para que a escrita en galego e os vencellos afectivos coa nosa lingua se enraícen e alicercen con forza xa desde os primeiros anos”, concluíu.