A RAG e a Deputación da Coruña asinan o convenio de colaboración anual

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o presidente da Deputación da Coruña e a deputada de Cultura, Valentín Formoso e Natividad de Jesús González, asinaron o convenio polo que a entidade provincial financia distintas actividades da RAG do presente ano.

Pola esquerda, Valentín Formoso, Natividad de Jesús González e Víctor F. Freixanes. Fonte: Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña achegou unha axuda de 60.000 euros que se destinaron á celebración da última edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas, o proxecto para o público infantil Primavera das Letras, os ingresos de Kathleen March como membro de honra e de Lourenzo Fernández Prieto como académico de número, e o acto de homenaxe póstuma a Darío Xohán Cabana co gallo do Día da Poesía.

O presidente da Academia agradeceu o apoio da Deputación da Coruña, que tamén permitiu a edición de distintos títulos da RAG.