Tribuna

Produciuse un erro ao procesar o modelo.
The following has evaluated to null or missing:
==> navigationEntry.getLayout().getExpandoBridge().getAttribute("display_page_template")  [in template "35243#35273#111402" at line 7, column 33]

----
Tip: If the failing expression is known to legally refer to something that's sometimes null or missing, either specify a default value like myOptionalVar!myDefault, or use <#if myOptionalVar??>when-present<#else>when-missing</#if>. (These only cover the last step of the expression; to cover the whole expression, use parenthesis: (myOptionalVar.foo)!myDefault, (myOptionalVar.foo)??
----

----
FTL stack trace ("~" means nesting-related):
	- Failed at: #assign isActive = navigationEntry.ge...  [in template "35243#35273#111402" at line 7, column 13]
----
1<#if entries?has_content> 
2    <div class="header-links"> 
3	<#list entries as navigationEntry> 
4        <#assign isActive = navigationEntry.isSelected() || navigationEntry.isChildSelected()> 
5        <#assign cssClass = ""> 
6        <#if layout.isSystem()> 
7            <#assign isActive = navigationEntry.getLayout().getExpandoBridge().getAttribute("display_page_template") == layout.layoutId?string /> 
8        </#if> 
9        <#if isActive> 
10            <#assign cssClass = "header-links__item--active"> 
11        </#if> 
12		<a class="header-links__item ${cssClass}" href="${navigationEntry.getURL()}">${navigationEntry.getName()}</a> 
13	</#list> 
14	</div> 
15</#if> 

A competencia lingüística da mocidade

Hai poucas semanas publicouse o estudo sobre a Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO, realizado no marco dos proxectos do Seminario de Sociolingüística da RAG por un equipo coordinado polo profesor Bieito Silva Valdivia, da Facultade de Ciencias da Educación da USC e o técnico Xaquín Loredo, da Real Academia Galega. Este estudo viña a replicar outro semellante desenvolvido en 2009, o primeiro que se fixo coa finalidade de avaliar o grao de cumprimento do obxectivo establecido na Lei de Normalización Lingüística de 1983, segundo a cal as autoridades educativas garantirán que, ao remate dos ciclos de ensino obrigatorio, o alumnado terá unha competencia en galego, na oralidade e na escrita, en igualdade co castelán.

O estudo ofrece uns datos interesantes en relación á lingua inicial —isto é, a primeira que se aprende— e usual —a máis empregada para falar— da mocidade de arredor de 16 anos. Case o 44% dos informantes —preto de 600 estudantes de 26 centros de secundaria— responderon que eran bilingües iniciais, o 36,1% declarouse castelanfalante inicial, e só o 18,1% galegofalante. En canto á lingua do uso diario, case o 70% respondeu que fala única ou preferentemente o castelán, mentres que 30% se declarou galegofalante habitual. Os resultados globais mostran unha competencia aceptable nos dous idiomas, un pouco máis alta en castelán ca en galego. Non obstante, constátanse diferenzas significativas segundo o perfil do alumnado, definido polo hábitat (rural ou urbano), a titularidade do centro (público ou privado) e a lingua habitual.

En xeral, a mocidade galegofalante ten unha competencia bilingüe máis equilibrada nas dúas linguas, mentres que no grupo castelanfalante se rexistran diferenzas máis acusadas, desfavorables para o galego. Na mocidade castelanfalante urbana que cursa estudos en centros privados, o déficit de competencia en galego é especialmente serio, tanto na expresión escrita como, sobre todo, na oral. Por tanto, os desequilibrios detectados no estudo de 2009 non só se manteñen, senón que se agudizan, ao tempo que se demostra que, para obter unha boa competencia nas dúas linguas, é imprescindible reforzar a presenza do galego no sistema educativo, sen que isto prexudique a consecución de competencia en castelán. Estes resultados convidan a unha reflexión sobre os efectos negativos para a competencia en galego do modelo “plurilingüe” implantado en Galicia ao abeiro do decreto de 2010, uns efectos que distintas institucións, colectivos e sectores da sociedade e da comunidade educativa, nomeadamente a Real Academia Galega, xa adiantaron no seu momento.

É certo que a competencia lingüística non depende soamente do sistema educativo, como tamén o é que o uso da lingua non depende só da competencia. Mais sen competencia non pode haber uso, e o marco legal sinala uns obxectivos moi precisos neste terreo que o modelo actual non parece garantir. Compete á Xunta de Galicia e, no seu nivel, ás outras institucións públicas, coma os concellos, crear as condicións para que os centros educativos —nas aulas e en todo un conxunto de actividades formativas, recreativas e deportivas—, sexan ámbitos facilitadores, non hostís, cara ao idioma.

Henrique Monteagudo
Coordinador do Seminario de Sociolingüística