Beatriz Busto abordou a imaxe tipista que ofreceu o franquismo do folclore galego.
Fonte: RAG
O alumnado seguindo a intervención da antropóloga.
Fonte: RAG
Beatriz Busto abordou a imaxe tipista que ofreceu o franquismo do folclore galego.
Fonte: RAG
Beatiz Busto nun momento da súa intervención.
Fonte: RAG
Beatiz Busto nun momento da súa intervención.
Fonte: RAG
A especialista lembrou a contribución da etnomusicóloga Dorothé Schubarth.
Fonte: RAG
A Facultade de Filosofía acolleu a charla de Beatriz Busto.
Fonte: RAG
Beatriz Busto nos XXXV Cursos Galego sen fronteiras
Fonte: RAG
Busto doutorouse cunha tese sobre como o NO-DO elaborou unha imaxe estereotipada de Galicia facendo uso explícito do folclore musical galego na imaxe cinematográfica. A investigadora, autora tamén do volume As pandeireteiras de Mens, sobre as coprotagonistas das Letras Galegas 2025 naturais de Malpica de Bergantiños, impartiu a primeira actividade dos cursos para persoas de fóra de Galicia arredor da celebración que a RAG lles dedica este ano ás cantareiras e á poesía popular oral.
O xoves será a quenda de Antón Santamarina, que ofrecerá un relatorio sobre a historia das publicacións que recollen as coplas tradicionais e as súas melodías. O académico traballou xunto a Dorothé Schubarth recollendo e ordenando o Cancioneiro popular galego, considerado a biblia deste tipo de obras. Busto lembrou na súa intervención a etnomusicóloga suíza, figura fundamental na dignificación do folclore creado e transmitido polo pobo.
A Real Academia Galega organiza os Cursos Galego sen fronteiras en colaboración co Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e co apoio económico da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. O programa conta este ano coa participación de 60 estudantes de tres continentes.